Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A pasarela Tanxurela de Lugo ilumínase esta fin de semana coas cores de Ucranía en favor da paz e da democracia

A pasarela Tanxurela de Lugo ilumínase esta fin de semana coas cores de Ucranía en favor da paz e da democracia

A alcaldesa, Lara Méndez, manda unha mensaxe en solidariedade coa poboación dese país.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Benestar social,
    • Protección da comunidade,
    • Atención cidadá
Sábado, 26 de febreiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A pasarela Tanxurela, recentemente inaugurada, manterase esta fin de semana iluminada coas cores da bandeira de Ucraína, amarelo e azul, en favor da paz e a democracia. A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, manda así unha mensaxe de solidariedade da cidadanía lucense coa poboación deste país, agora en guerra, incidindo na necesidade de resolver o conflito a través dunha xestión pacífica onde a diplomacia e o diálogo sexa a vía a seguir.

Esta iluminación manterase ata o día 28, xornada na que se conmemora o Día Internacional das Enfermidades Raras, polo que a iluminación cambiará a cor verde. Neste caso tamén se iluminará a fachada da Casa Consistorial. O Concello de Lugo, colabora nesta iniciativa tras a petición da Asociación Galega da Enfermidade de Dent- Art for Dent.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre o conflicto en Ucrania | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/pasarela-tanxurela-de-lugo-iluminase-esta-fin-de-semana-coas-cores-de-ucrania-en-favor-da-paz

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/260222_lara_mendez.-_ucrania.mp3