Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Participación edita o calendario de 2022 con imaxes pertencentes ao Arquivo Municipal

Participación edita o calendario de 2022 con imaxes pertencentes ao Arquivo Municipal

A nova edición do calendario titúlase Arquivo e Muller, e recolle imaxes e documentos históricos relacionados con mulleres de Lugo

  • Tema
    • Servizos sociais,
    • Cultura e Turismo,
    • Xestión cultural,
    • Arquivo
Sábado, 20 de novembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Participación edita o calendario de 2022 con imaxes pertencentes ao Arquivo Municipal

A área de Participación e Servizos para a Veciñanza vén de editar o calendario de 2022 con imaxes pertencentes aos fondos do Arquivo Municipal. Este ano, baixo o título Arquivo e Muller, recóllense imaxes e documentos históricos relacionados con mulleres de Lugo.

Cristina López destacou que "con este calendario queremos visibilizar as condicións laborais, sociais e económicas das mulleres durante distintas épocas históricas dos séculos XIX e XX".

As fotografías pertencen á colección Delgado Guisasola, custodiada no Arquivo Municipal, e proceden dos negativos en cristal que facía no laboratorio da farmacia da que era dono.

A área de Participación edita anualmente un calendario con imaxes procedentes do Arquivo Municipal desde a conformación do novo goberno da cidade. Cristina López destacou.

As imaxes e documentos dos calendarios editados pola área de Participación proceden de fondos documentais almacenados no Arquivo Municipal e no Arquivo Histórico Provincial, e forman parte dos fondos municipais do Concello de Lugo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/participacion-edita-o-calendario-de-2022-con-imaxes-pertencentes-ao-arquivo-municipal