Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Os XV Cursos de verán de Educación Vial organizados polo Concello de Lugo desenvolveranse do 27 de xuño ao 27 de xullo

Os XV Cursos de verán de Educación Vial organizados polo Concello de Lugo desenvolveranse do 27 de xuño ao 27 de xullo

Luns, 30 de maio de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Educación en funcións, Dolores Vieiro, e o Director do PIT, José Reigosa, deron a coñecer esta mañá a programación dos XV Cursos de verán de Educación Vial.

Segundo destacou a Concelleira de Educación en funcións, as inscricións poderán facerse do 6 ao 17 de xuño na oficina de Atención ao Cidadán (Seminario Menor), no Parque Infantil de Tráfico (Antiga Frigsa), ou na Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo (Avd. Ramón Ferreiro). Para formalizar a inscrición será necesario achegar unha fotocopia do DNI ou do Libro de Familia xunto coa solicitude cuberta e a autorización familiar.

O Director do PIT, José Reigosa, explicou que estes cursos están dirixidos a nenos e nenas de oito a catorce anos, en karts e bicicleta, e de 15 e 16 anos, en ciclomotor. O obxectivo salientou Reigosa é formar aos rapaces e rapazas lucenses para que coñezan as normas de circulación e fomentar así a seguridade cidadá. Os cursos de verán, destacou o Director do PIT, rexistran unha asistencia media de 200 rapaces e rapazas.

A lista de admitidos e os horarios destes cursos gratuítos serán publicados o día 23 de xuño no Taboleiro de anuncios do Concello (Seminario Menor), no Parque Infantil de Tráfico (Antiga Frigsa) e na páxina web do Concello de Lugo www.lugo.es [1]

As clases teóricas e prácticas, que darán comezo o 27 de xuño, desenvolveranse nas instalacións do PIT (Antiga Frigsa) en grupos non superiores a 15 alumnos que serán agrupados por idades. Os horarios serán de mañá, de 10.30 a 13.00 horas, e de tarde, de 17.00 a 19.30 horas. A clausura dos cursos está prevista para o 27 de xullo ás 12.30 horas no PIT coa entrega de diplomas e agasallos aos participantes.

Descargar solicitude Curso Educación Viaria [2]

Parque Infantil de Tráfico [3] (PIT)

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/os-xv-cursos-de-veran-de-educacion-vial-organizados-polo-concello-de-lugo-desenvolveranse-do-0

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es
[2] http://www.lugo.es/cs/Satellite?c=tramiteAsset&cid=1227492260627&color=Rojo&idioma=gl&pagename=Lugo%2FtramiteAsset%2FLugoTramiteDetalle&tipoLetra=Texto1
[3] http://www.lugo.es/cs/Satellite?c=Spark_SecNivel4&cid=1194429731600&color=Rojo&ecentral=Lugo%2FCentroSeccion%2FLugoConcelleriaPublicacionDocumentos&idioma=gl&pagename=Lugo%2FPage%2FLugoContenedor&tipoLetra=Texto1