Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Os trinta emprendedores e emprendedoras do CEI Nodus comparten experiencia e solucións para mellorar os seus negocios

Os trinta emprendedores e emprendedoras do CEI Nodus comparten experiencia e solucións para mellorar os seus negocios

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Emprendemento
Venres, 25 de xaneiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Os trinta emprendedores e emprendedoras do CEI Nodus comparten experiencia e solucións para mellorar os seus negocios

A trintena de emprendedores e emprendedoras que a día de hoxe están asentados no CEI Nodus do Concello, o que supón o 100% da ocupación, mantiveron este venres un encontro de networking no que “se coñeceron entre eles, así como as fortalezas e debilidades do seu negocio, e compartiron experiencias e solucións, co fin de mellorar os seus proxectos empresariais”, tal e como subliñou a Alcaldesa, Lara Méndez, que participou na xornada, xunto á Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto.

Nunha primeira parte do encontro, cada un dos participantes presentouse a si mesmo e á empresa e nunha segunda, formáronse mesas de traballo cunhas temáticas en cada unha delas referidas aos inconvintes que teñen os emprendedores e empresas no transcurso da súa actividade diaria. Cada mesa, pola que pasaron todos os asistentes, contou cun moderador para dinamizar o debate e extraer logo as conclusións do mesmo.

Esta iniciativa forma parte da actividade do CEI Nodus, que, ademais da súa labor ordinaria, xa moi dinámica e intensa, desenvolverá nos vindeiros meses os oito proxectos relacionados co emprendemento que foron solicitados pola cidadanía nos Orzamentos Participativos, e que consisten fundamentalmente en accións formativas, de capacitación e asesoramento dirixidas á xuventude, mulleres, autónomos e Pemes co fin de implantar ou mellorar unha actividade empresarial a través das novas tecnoloxías, a innovación e a creatividade.

Audio

  • Encontro emprendedor CEI Nodus | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/os-trinta-emprendedores-e-emprendedoras-do-cei-nodus-comparten-experiencia-e-solucions-para

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/250119_encontro_emprendedor_cei_nodus_-_alcaldesa.mp3