Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Os talleres de pintura do Local Social de Díaz Castro saen ao aire libre

Os talleres de pintura do Local Social de Díaz Castro saen ao aire libre

  • Tema
    • Igualdade
Mércores, 03 de xuño de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Uns 25 participantes nos obradoiros de pintura organizados polo Concello de Lugo no Local Social Díaz Castro participan ao longo do día de hoxe, mércores 3 de xuño, nunha xornada ao aire libre.

Nas ribeiras do río Miño ( entre a fábrica da luz e a área recreativa dos Robles) os participantes nos talleres pasarán todo o día. Desfrutarán dun xantar ao aire libre e practicarán as súas técnicas de pintura nun espazo único.

Con esta xornada de convivencia ao carón do río ponse fin aos obradoiros que estiveron a desenvolverse dende mes de outubro do pasado ano no local do Centro Social de Lamas de Prado.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/os-talleres-de-pintura-do-local-social-de-diaz-castro-saen-ao-aire-libre