Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Os servizos municipais modifican o seu horario de apertura durante o mes de agosto

Os servizos municipais modifican o seu horario de apertura durante o mes de agosto

Venres, 31 de xullo de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Os servizos municipais do Concello modifican o seu horario de atención ao público durante o mes de agosto. Os cambios que se producen son os seguintes:

- Dende o día 1 de agosto e ata o mes de setembro as oficinas do Concello permanecerán abertas de 8:30 a 14:30 horas.

- A biblioteca municipal tamén terá un horario diferente: abrirá de 9:00 a 14:30 horas.

- Os Museos da Cidade tamén modifican o seu horario nos meses de verán (xullo e agosto): Aberto de martes a domingo de 11:00 a 14:00 horas, e de 17:00 a 20:00 horas. Os luns pecharán os museos agás o Centro de Interpretación da Muralla que abre todos os días.

- Os centros de fomento do emprego (o CEI-Nodus, o Espazo>lab e a Oficina de Información Europea) teñen un horario de verán de atención ao público de 8:30 a 14:30 horas.

- Os centros sociais municipais, ao igual que no mes de xullo, estarán pechados as mañás dos sábados e os domingos de agosto.

Todas estas instalacións voltarán ao seu horario habitual no mes de setembro.

O resto das instalacións municipais manteñen o horario de apertura normal ao longo do verán.

Así mesmo, por mor das obras na Casa Consistorial, o reloxo da torre desconectarase ata o remate das mesmas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/os-servizos-municipais-modifican-o-seu-horario-de-apertura-durante-o-mes-de-agosto