Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Os participantes nos Congresos que se están a celebrar na Escola Politécnica Superior de Lugo visitaron hoxe o Concello

Os participantes nos Congresos que se están a celebrar na Escola Politécnica Superior de Lugo visitaron hoxe o Concello

  • Tema
    • Economía
Xoves, 05 de maio de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, recibiu esta tarde no Salón de Plenos da Casa Consistorial a 70 participantes nos dous congresos que se están a desenvolver durante esta semana na Escola Politécnica Superior de Lugo.

O primeiro destes congresos celebrouse o luns día 2 de maio e o martes día 3, e tratouse dunha reunión da Rede de Investigación en Manexo Sostible de Ecosistemas Terrestres (RIMSET), formada por universidades e centros de investigación de México, Portugal, Alemaña e España.

O segundo congreso desenvolveuse durante a xornada de hoxe, e prolongarase durante mañá xoves e o venres día 6 de maio. Trátase da III Reunión do Grupo de Traballo de Modelización Forestal da Sociedade Española de Ciencias Forestais (SECF).


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/os-participantes-nos-congresos-que-se-estan-celebrar-na-escola-politecnica-superior-de-lugo