Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro pechan esta fin de semana por mor da alerta por refachos de vento de 80 km/h

Os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro pechan esta fin de semana por mor da alerta por refachos de vento de 80 km/h

O Concello manterá a medida dende as 10:00 horas de mañá sábado ante a alerta amarela prevista pola AEMET

  • Tema
    • Medio ambiente,
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade
Venres, 18 de novembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo informa de que a partir das 10:00 horas de mañá sábado, 19 de novembro, permanecerán pechados os parques públicos da Milagrosa e Rosalía de Castro, como medida de prevención para garantir a seguridade cidadá ante a alerta amarela prevista pola Axencia Estatal de Metereoloxía (AEMET), debido a ventos con refachos de ata 80 Kms/h na zona centro de Lugo. Procederase á apertura de ditos parques o domingo ou luns, en canto o determinen os servizos de emerxencia municipais. 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/os-parques-da-milagrosa-e-rosalia-de-castro-pechan-esta-fin-de-semana-por-mor-da-alerta-por