Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro, pechados durante a fin de semana ante a alerta por refachos de vento de 80Kms/h

Os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro, pechados durante a fin de semana ante a alerta por refachos de vento de 80Kms/h

O Concello manterá a medida dende as 11.00 horas de mañá sábado e ata o luns

Ante as malas condicións metereolóxicas previstas, o Concello aprazou a segunda cita do XVI Circuíto Larsa Corre con Nós para o domingo 28 de febreiro

  • Tema
    • Medio ambiente,
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade
Venres, 12 de febreiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo informa de que a partir das 11:00 horas de mañá sábado e ata o vindeiro luns, permanecerán pechados ao público os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro, como medida de prevención para garantir a seguridade cidadá ante a alerta amarela debido a ventos con refachos de ata 80 Kms/h.

Ante as malas condicións metereolóxicas previstas, o Concello, para preservar a seguridade dos atletas e dos acompañantes, aprazou a segunda cita do XVI Circuíto Larsa Corre con Nós para o domingo 28 de febreiro, no mesmo lugar e cos mesmos horarios.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/os-parques-da-milagrosa-e-rosalia-de-castro-pechados-durante-fin-de-semana-ante-alerta-por