Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Os nenos e nenas do colexio Quiroga Ballesteros gozaron do ciclo de Concertos Didácticos da Escola de Música

Os nenos e nenas do colexio Quiroga Ballesteros gozaron do ciclo de Concertos Didácticos da Escola de Música

  • Tema
    • Infancia,
    • Música
Martes, 30 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Os nenos e nenas do colexio Quiroga Ballesteros gozaron do ciclo de Concertos Didácticos da Escola de Música

Os nenos e nenas do colexio público Quiroga Ballesteros gozaron este martes dunha actuación do ciclo de Concertos Didácticos que ofrece a Escola Municipal de Música nos centros educativos de Lugo. A esta nova cita coa música asistiron a Alcaldesa, Lara Méndez, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, que compartiron cos rapaces e rapazas e os seus mestres e mestras unha sesión de 45 minutos que combina música en directo e maxia.

A programación arrancou o 4 de abril e desenvolverase ata o 15 de xuño, nun total de 24 centros educativos lucenses e no Hospital de Calde.

Trátase da quinta edición deste ciclo posto en marcha polo Concello, que permite aos máis cativos e cativas coñecer os diferentes instrumentos musicais e achegarse á música en vivo dun xeito lúdico, grazas á Escola e á Banda Municipal de Música.

Como broche de ouro a este ciclo, os vindeiros 14 e 15 de xuño, terán lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire distintos concertos.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/os-nenos-e-nenas-do-colexio-quiroga-ballesteros-gozaron-do-ciclo-de-concertos-didacticos-da