Os Mad-Bikers ofrecerán o domingo e o luns exhibicións na praza da Soidade en colaboración co Concello
Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte:
Gabinete de Prensa
O club Mad-Bikers, en colaboración co Concello de Lugo, realizará o domingo e o luns pola tarde exhibicións en bicicleta.
A concentración será de catro a nove da tarde na praza da Soidade, onde se situarán unhas rampas para a exhibición.
Estas actuacións complementan o programa de Entroido que arrinca mañá e no que haberá actividades para todos os públicos.
