Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Os empresarios do Ceao súmanse á celebración do décimo aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio Mundial

Os empresarios do Ceao súmanse á celebración do décimo aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio Mundial

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Martes, 23 de marzo de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Ceao súmase á celebración do décimo aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio Mundial promovida polo Concello de Lugo baixo a marca de Lugo10 [1].

A Asociación fixo entrega a cada socio de 960 pegatinas de Lugo10 para que as peguen nas facturas, albarans e outros documentos de empresa, así como seis vinilos de Lugo10 para exterior para que os coloquen en coches, camións e furgonetas da empresa. En total entregáronse 166.000 pegatinas e 1.040 vinilos co logo de Lugo10 entre os 173 asociados.

Desde a Asociación e desde o Concello agárdase que esta iniciativa teña éxito co obxectivo de dar a coñecer aínda máis a cidade de Lugo e o seu monumento máis significativo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/os-empresarios-do-ceao-sumanse-celebracion-do-decimo-aniversario-da-declaracion-da-muralla

Ligazóns:
[1] http://www.lugo10.es