Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Os deseños de cartel do San Froilán 2018, a votación popular ata o 21 de maio

Os deseños de cartel do San Froilán 2018, a votación popular ata o 21 de maio

As 17 obras que compiten pódense votar en www.sanfroilan.info [1] ou accedendo a través do Facebook oficial destes festexos www.facebook.com/sanfroilan.info [2]

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural
Sábado, 12 de maio de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, ten aberta a votación popular do concurso de deseño gráfico para elixir o cartel que anunciará o San Froilán 2018, coa finalidde de facer cómplice e partícipe á sociedade na elección da imaxe desta festa declarada de Interese Turístico Galego e Nacional.

As 17 obras que compiten, pódense votar xa na web das festas patronais, www.sanforilan.info [3], ou accedendo a través do Facebook oficial destes festexos, www.facebook.com/sanfroilan.info [2], ata as 12:00 horas do día 21 de maio. Para poder realizar a votación soamente é necesario rexistrarse cun enderezo electrónico, o que permite un reconto de votos máis seguro.

Carmen Basadre convidou a cidadanía a participar na selección da que será a imaxe que anuncie O San Froilán, que se celebrará do 4 ao 12 de outubro.

Tal e como recollen as bases, tras esta votación popular, un xurado formado por tres persoas expertas seleccionará, entre as 10 de maior puntuación, a obra gañadora. O fallo levarase a cabo o 24 de maio ás 11:00 horas na Casa Consistorial, día no que tamén se seleccionará o cartel do San Froilán Miúdo. Como en edicións anteriores, o premio para o gañador ou gañadora ascende a 2.000 euros e para o neno ou nena gañadora do cartel do San Froilán Miúdo un premio adaptado á súa idade valorado en 300 euros.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/os-desenos-de-cartel-do-san-froilan-2018-votacion-popular-ata-o-21-de-maio

Ligazóns:
[1] http://www.sanfroilan.info
[2] http://www.facebook.com/sanfroilan.info
[3] http://www.sanforilan.info