Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Os deportistas lucenses acadan 13 medallas no Campionato de España de Tiro Olímpico de Novas Promesas

Os deportistas lucenses acadan 13 medallas no Campionato de España de Tiro Olímpico de Novas Promesas

  • Tema
    • Deportes
Martes, 14 de xullo de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Os deportistas lucenses demostraron o seu potencial no Campionato de España de Tiro Olímpico de Novas Promesas celebrado en Logroño a pasada fin de semana.

Os tiradores lucenses acadaron un total de 13 podiums con dous ouros, tres pratas e catro bronces individuais, alcanzando os tres ouros e unha prata por equipos.

Os ouros individuais foron na categoría pistola precisión xuvenil para Marco Veiga e Andrea Barrio, a Prata en categoría cadete para Iván Fernández, categoría na que Laura Castro conseguiu o bronce.

Na modalidade de pistola deportiva as lucenses Iria Vilariño e Andrea Barrio acadaron unha prata e un bronce en categorías cadete e xuvenil, respectivamente.

Na nova modalidade de carabina tres posicións, o tirador infantil Alejandro Barrio, conseguiu un meritorio bronce, alcanzando posteriormente na modalidade de precisión un cuarto posto.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/os-deportistas-lucenses-acadan-13-medallas-no-campionato-de-espana-de-tiro-olimpico-de-novas