Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Os colexios públicos poden solicitar talleres do programa Qontarte de animación á lectura e á creación plástica

Os colexios públicos poden solicitar talleres do programa Qontarte de animación á lectura e á creación plástica

A Concelleira de Educación explicou que está dirixido a nenos e nenas de entre 9 e 12 anos

  • Tema
    • Educación
Martes, 07 de abril de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz,

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, informou esta mañá do comezo dunha nova edición do programa de animación á lectura e á creación plástica QONTARTE 2015.

Esther Muñóz sinalou que “libro e lectura son un punto de partida desde o cal podemos entender o mundo, botar a andar o maxín e desenvolver a creatividade nos nenos e nenas e á creación artística para desenvolver o espírito crítico na infancia”. Poderán solicitalo os colexios públicos da cidade de maneira gratuita.

Así, con motivo da celebración do Dia do Libro Infantil e o Dia do Libro e a partir do 23 de abril vaise a levar a cabo esta campaña de animación á lectura e dirixido a nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria que ten como obxetivo fomentar a actitude de superación e estimular a expresión plástica e a creatividade a partir da experiencia e achegalos ao mundo da arte.

Os obradoiros basearanse no libro Se os gatos levasen botas gobernarían as rás que ademais de ler tamén será o inicio para a actividade plástica que consistirá na reprodución das técnicas de impresión e estampación para crear novos personaxes.

Corte de voz de Esther Muñoz sobre o obradoiro de animación á lectura e arte [1]


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/os-colexios-publicos-poden-solicitar-talleres-do-programa-qontarte-de-animacion-lectura-e

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/corte_esther_munoz_obradoiro_animacion_lectura_e_arte_07.04.2015.mp3