Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Os centros cívicos da cidade abrirán ao público a partir do vindeiro fin de semana como espazos públicos de socialización

Os centros cívicos da cidade abrirán ao público a partir do vindeiro fin de semana como espazos públicos de socialización

A edil de Benestar, Olga López, daba a coñecer hoxe a medida, propiciada pola suspensión do Estado de Alarma.

A concelleira convidou á cidadanía a facer uso das instalacións, “nas que se manterán todas as medidas sanitarias establecidas para a evitar a propagación dos contaxios”.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Centros sociais,
    • Servizos sociais
Xoves, 13 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Os centros cívicos da cidade abrirán ao público a partir do vindeiro fin de semana como espazos públicos de socialización

A edil de Benestar, Olga López Racamonde, anunciou hoxe que a partir deste próximo fin de semana, os centros cívicos da cidade volverán abrir ao público, recuperando así o seu papel como espazos públicos de socialización.

A decisión, segundo sinalou a concelleira obedece á suspensión do Estado de Alarma e á evolución que está a seguir a pandemia na cidade, “o que nos permite poñer a disposición das persoas usuarias as instalacións municipais con todas as garantías sanitarias”.

López Racamonde incidiu na importancia de manter, igualmente, todas medidas e protocolos xa coñecidos para previr a propagación dos contaxios.

“Dende este fin de semana a veciñanza pode regresar de novo aos centros e facer uso das súas dependencias como salas de lectura, xogos ou obradoiros, mais é preciso lembrar que non podemos baixar a garda e cómpre manter as precaucións e respectar as recomendacións establecidas polas autoridades sanitarias para conter o virus, como facer uso da máscara, controlar o aforo ou manter a distancia social”.

O Concello de Lugo conta sete centros cívicos ubicados en distintos puntos da capital (Milagrosa, Fingoi, Lamas de Prado, María Balteira, Maruja Mallo, Sagrado Corazón, e Uxío Novoneyra) cos que o Goberno de Lara Méndez quere propiciar unha convivencia interxeracional entre as persoas que residen na mesma contorna urbana e cos que tamén pretende achegar as prestacións públicas que dependen da administración local ao conxunto da sociedade lucense, fomentando a igualdade de oportunidades e dereitos en toda a cidade.

Audio

  • A edil de Benestar, Olga López Racamonde, sobre  a apertura dos Centros Cívicos | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/os-centros-civicos-da-cidade-abriran-ao-publico-partir-do-vindeiro-fin-de-semana-como-espazos

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/130521_olga_lopez_-_apertura_dos_centros_civicos.mp3