Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Os buses das liñas 6 e 6E terán parada nos Paseos dos Estudantes e das Artes

Os buses das liñas 6 e 6E terán parada nos Paseos dos Estudantes e das Artes

  • Tema
    • Protección da comunidade
Xoves, 14 de xuño de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

As liñas 6 e 6E do transporte urbano, que na actualidade circulan pola Ronda das Mercedes cara á rúa Montirón, sufrirán a partir de mañá, venres día 15 de xuño, unha variación no seu itinerario, dispoñendo de novas paradas. Así, circulando pola Ronda das Mercedes xirará cara a rúa Paseo dos Estudantes e continuará pola rúa das Artes para enlazar co seu itinerario habitual en dirección a rúa Virxe da Esperanza, suprimíndose deste xeito a parada do tramo final da rúa Montirón e creándose dúas novas paradas nas rúas Paseo dos Estudiantes e das Artes. Estas modificacións veñen motivadas por:
 

* Dificultades detectadas para a circulación do bus urbano polo tramo final da rúa Montirón, que ó dispor de estacionamento nas dúas marxes as veces dificultaba o paso do bus urbano.

* Solicitudes de alumnos da Escola de Artes Aplicadas e da Casa da Xuventude para que o bus circulase e parase na rúa Paseo dos Estudantes.

* Aumento da demanda na nova urbanización de San Fiz que inclúe, ademais da Escola de Artes Aplicadas e a Casa da Xuventude, o novo edificio da Policía Local e o edificio do Cetal.

www.lugo.es/ws/transportes [1]

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/os-buses-das-linas-6-e-6e-teran-parada-nos-paseos-dos-estudantes-e-das-artes

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es/ws/transportes