Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Os beneficiarios do programa do Concello, Conserva Lugo, realizaron labores de roza na cidade ao longo de 2016

Os beneficiarios do programa do Concello, Conserva Lugo, realizaron labores de roza na cidade ao longo de 2016

Este programa permite realizar actuacións encamiñadas tanto á adecuación dos espazos públicos da cidade como á conservación e mantemento do mobiliario urbano

Durante este ano o equipo de desbroce xa repasou a roza da Avenida Duquesa de Lugo e da rúa Pombal. Na actualidade colaboran na recollida da poda do arboredo situado no Ceao

  • Tema
    • Emprego,
    • Fomento do emprego,
    • Medio ambiente
Domingo, 19 de febreiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Os beneficiarios do programa do Concello, Conserva Lugo, realizaron labores de roza na cidade ao longo de 2016

O Concello realizou diversos traballos de roza na cidade durante o 2016, unhas tarefas que realiza un equipo de traballadores contratados grazas ao programa Conserva Lugo. Os operarios realizaron tarefas de desbroce en diferentes puntos da cidade, como a Avenida Duquesa de Lugo, o acceso ao Complexo Deportivo O Palomar, a zona de xogos infantís do Polígono das Gándaras, as rúas Pombal, Catasol, Conexeira, Cornubia, Alcalde Xosé Novo Freire, dos Carros e a avenida de Magoi.

Durante este ano o equipo de desbroce xa repasou a roza da Avenida Duquesa de Lugo e da rúa Pombal. Na actualidade están a colaborar nas tarefas de recollida da poda do arboredo situado no Polígono do Ceao.

O programa Conserva Lugo permite realizar actuacións encamiñadas tanto á adecuación dos espazos públicos da cidade como á conservación e mantemento do mobiliario urbano. Ademais con este programa, o Concello mantén a súa prioridade de investir nas persoas, xa que busca facilitar a inserción laboral de desempregados lucenses.

Este programa impulsa a inclusión laboral de 20 desempregados en situación de risco ou exclusión social, perceptores da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA), nas brigadas de obra municipais, durante 7 meses, para o que foron contratados 16 peóns, 3 oficiais e 1 encargado.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/os-beneficiarios-do-programa-do-concello-conserva-lugo-realizaron-labores-de-roza-na-cidade-ao