Os alumnos de terceiro de primaria do Ceip PP Franciscanos coñecen o funcionamento do Concello da man da edil Olga López Racamonde
- Tema
- Educación,
- Centros de ensino
Venres, 18 de outubro de 2019
Fonte:
Gabinete de Prensa

A concelleira Olga López Racamonde recibía esta mañá no Salón de Plenos do Concello aos 49 alumnos de terceiro de primaria do CEIP PP Franciscanos que estes días estaban a estudar a Democracia.
Durante a visita á Casa Consistorial a edil tivo oportunidade de explicarlles, entre outras aspectos, cal é o funcionamento da administración e o papel tan importante que desenvolven as institucións para o desenvolvemento das cidades e a xestión dos servizos públicos.