Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Os altos mandos da Policía Local de Lugo, galardoados pola súa contribución á defensa da seguridade

Os altos mandos da Policía Local de Lugo, galardoados pola súa contribución á defensa da seguridade

Lara Méndez, que acompañou ao Intendente Xefe e ao Inspector do Corpo na cerimonia, enxalzou o seu compromiso e valía profesional “o que se reflicte na eficacia do servizo que se presta á cidadanía e que redunda na súa protección”.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Benestar social,
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade
Mércores, 07 de decembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Os altos mandos da Policía Local de Lugo, galardoados pola súa contribución á defensa da seguridade

O Intendente Xefe da Policía Local, Jesús Piñeiro Santos e o Inspector do Corpo, José Manuel Río Espiño, veñen de ser condecorados en recoñecemento ao excelente traballo que desenvolven na Xefatura de Lugo.

Jesús Piñeiro recibía o pasado 30 de setembro a medalla honorífica – que outorga o Executivo autonómico - pola súa especial colaboración en defensa da seguridade pública e da liberdade, en apoio da función policial da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

Pola súa banda, o 1 de decembro, o Inspector José Manuel Río Espiño, era condecorado na sede da Academia Galega de Seguridade Pública – na Estrada - coa Medalla-estrela ao mando da Policía Local, outorgada pola Asociación de Xefes e mandos de Galicia, como un dos mellores mandos intermedios da Policía Local de Galicia, en recoñecemento á súa excelente traxectoria directiva meritoria, polo seu elevado nivel profesional e o seu compromiso nos ámbitos da seguridade viaria e da seguridade cidadá.

A alcaldesa lucense, Lara Méndez, que os acompañou na cerimonia, destacou o compromiso e a valía profesional dámbolos dous efectivos, “o que se reflicte na eficacia do servizo que se presta á cidadanía e que redunda na súa protección”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/os-altos-mandos-da-policia-local-de-lugo-galardoados-pola-sua-contribucion-defensa-da