Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Ordenanza de Contaminación Acústica entra na súa fase de redacción definitiva

A Ordenanza de Contaminación Acústica entra na súa fase de redacción definitiva

  • Tema
    • Protección da comunidade
Xoves, 21 de febreiro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Comisión de Seguemento da Ordenanza Xeral Municipal da Contaminación Acústica reuniuse hoxe para estudar as alegacións presentadas á mesma polos grupos da oposición e a Confederación de Empresarios de Lugo. Foron en total 36 alegacións as estudadas, aprobadas a maioría totalmente ou en parte.

O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, explicou que “se chegou ó acorgo de redactar xa o proxecto definitivo da ordenanza”. Unha vez redactado, será enviado a Asesoría Xurídica, pasará á Xunta de Goberno para levalo a aprobación inicial no Pleno. Habería despois 30 días de exposición ó público e se non hai alegacións quedaría aprobada definitivamente, no caso de habelas tería que volver ó Pleno para ser aprobada. O desexo do Goberno Local é que esta ordenanza sexa o fruto do consenso entre todos os sectores afectados.

O Concelleiro indicou que se acordou simplificar a ordenanza, así como que a composición da Comisión sexa configurada polo Pleno e que non quederecollida na propia ordenanza porque se houbera variacións terían que volver a modificala.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ordenanza-de-contaminacion-acustica-entra-na-sua-fase-de-redaccion-definitiva