Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Once entrégalle ó Concello un cadro que reproduce o cupón adicado á Muralla con motivo do Lugo10

A Once entrégalle ó Concello un cadro que reproduce o cupón adicado á Muralla con motivo do Lugo10

  • Tema
    • Igualdade
Venres, 04 de marzo de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde, José López Orozco, recibiu hoxe un cadro que reproduce o cupón da ONCE adicado á Muralla de Lugo con motivo do programa Lugo10 que conmemorou o décimo aniversario da declaración do monumento romano como Patrimonio Mundial.

A entrega do cadro produciuse nunha visita que efectuaron hoxe o Alcalde e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, á Delegación da ONCE en Lugo, onde mantiveron unha reunión co seu responsable, Juan Leirós.

Leirós explicoulles a López Orozco e Basadre o funcionamento desta entidade na provincia de Lugo na que conta con 328 afiliados.

www.lugo10.es [1]

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/once-entregalle-o-concello-un-cadro-que-reproduce-o-cupon-adicado-muralla-con-motivo-do-lugo10

Ligazóns:
[1] http://www.lugo10.es