Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Oito empresas optan a realizar o estudo sobre a relación de postos de traballo do Concello de Lugo

Oito empresas optan a realizar o estudo sobre a relación de postos de traballo do Concello de Lugo

Luns, 20 de outubro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Mesa de Contratación do Concello de Lugo mantivo hoxe unha xuntanza para a contratación dos traballos de análise, decisión e valoración dos postos de traballo, a elaboración da relación de postos de traballo e o plan de emprego desta administración local.

O prezo deste  contrato está fixado nun máximo de 114.492 euros e un prazo máximo de execución dun ano.

Foron un total de oito as empresas que presentaron as súas plicas:

1. DEMOS CONSULTORES DE GESTIÓN S.A

2. PRICE WATERHOUSE COOPERS ASESORES DE NEGOCIOS S.L

3. TEA CEGOS S.A

4. ESTRATEGIA Y ORGANIZACIÓN S.A

5. KPMG ASESORES S.L

6. EVERIS S.L

7. LAW AND CORPORATE S.L

8. RODRIGUEZ VIÑALS S.L

Os membros da mesa de contratación decidiron conceder un prazo de 3 días para subsanar algúns defectos que aparecen na documentación presentada. Previsiblemente, a Mesa de Contratación xuntarase de novo o venres para tomar xa unha decisión.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/oito-empresas-optan-realizar-o-estudo-sobre-relacion-de-postos-de-traballo-do-concello-de-lugo