Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Ofrenda da Corporación ao patrón de Lugo marca os actos do Día de San Froilán

A Ofrenda da Corporación ao patrón de Lugo marca os actos do Día de San Froilán

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Cultura e Turismo
Mércores, 05 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Ofrenda da Corporación ao patrón de Lugo marca os actos do Día de San Froilán

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este mércores a tradicional ofrenda floral da Corporación Municipal ao patrón de Lugo, San Froilán, nun acto que tivo lugar a partir das 12:00 horas. Previamente, a rexedora, quen lle desexou un bo San Froilán a todos os veciños e veciñas, e os concelleiros, desprazáronse en comitiva dende a Casa Consistorial ata a Catedral, acompañados pola Asociación Cultural Airiños de Orbazai e a Banda Municipal de Lugo.

Ao longo da tarde, os grupos Son de Lugh, Devandoira, Amigos do Manolo e Jalácticos amenizarán as rúas de Lugo. Ademais, a praza de Santa María acollerá o concerto dos grupos de rock, folk e pop de Caxade, Familia Caamaño, Arrytmia e Conducto Coloquio, a partir das 21:30 horas. Por outra banda, a Praza Horta do Seminario entregarase ao flamenco, mesturado coa música electrónica, do grupo Fuel Fandango, con Sigilu como teloneiros; a de Bretaña, á orquestra La Fórmula, e a da Soidade, á sesión disco que ofrecerá Duendeneta. Os fogos artificiais, como cada ano, porán a cor ao día do patrón de Lugo, ás 23:00 horas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ofrenda-da-corporacion-ao-patron-de-lugo-marca-os-actos-do-dia-de-san-froilan