Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Oficina de Turismo de Lugo recibiu máis de 2.000 consultas no SITC

A Oficina de Turismo de Lugo recibiu máis de 2.000 consultas no SITC

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Luns, 21 de abril de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Un ano máis a Oficina de Turismo do Concello de Lugo estivo presente no Salón Internacional de Turismo de Catalunya (SITC 2008), que se celebrou en Barcelona entre o 17 e o 20 de abril.

A cidade de Lugo participou como co-expositor de Turgalicia xunto con outras cidades como A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela e Vigo. O evento rexistrou unha alta participación tanto de público en xeral como de profesionais do sector turístico.

Lugo tivo unha acollida moi boa como destino turístico entre o público asistente á feira, os profesionais do sector e a prensa especializada. Entre a nosa oferta turística, espertaron un gran interese a Ruta polo Lugo Romano, a Rede de Sendas, a Guía Lugo Accesible, a gastronomía e os aloxamentos da cidade.

Durante os catro días que durou o SITC, o mostrador de Lugo recibiu máis de 2.000 consultas de información. Confírmase así que o mercado catalán é importante para o turismo lucense, ao tratarse dunha das principais Comunidades Autónomas emisoras de turistas á cidade e ademais un mercado fiel que repite a visita.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/oficina-de-turismo-de-lugo-recibiu-mais-de-2000-consultas-no-sitc