Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Obradoiros nos colexios e un novo libro dos Bolechas para empoderar aos nenos e nenas

Obradoiros nos colexios e un novo libro dos Bolechas para empoderar aos nenos e nenas

Rosana Rielo presentou a iniciativa Empodérate!, a terceira máis votada no proceso dos Orzamentos Participativos

As accións desta proposta teñen como obxectivo traballar en prol da igualdade, incidinco en que a elección profesional que as nenas e os nenos realicen no futuro non debe estar limitada polo xénero, senón polas inquedanzas persoais

  • Tema
    • Centros de ensino,
    • Igualdade,
    • Orzamentos participativos
Venres, 22 de marzo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Obradoiros nos colexios e un novo libro dos Bolechas para empoderar aos nenos e nenas

O Concello de Lugo desenvolve actualmente unha serie de proxectos presentados e elixidos pola cidadanía luguesa a través dos Orzamentos Participativos. Dentro deles atópase a iniciativa Empodérate!, presentada conxuntamente pola Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo e a Asociación Edeid@des [1], sendo a terceira mási votada deste proceso participativo.

Esta proposta, que deu a coñecer este venres, na Sala de usos múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, a Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, acompañada pola Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, e unha representante do colectivo propoñente; conta con diferentes accións e ten como obxectivo traballar en prol da igualdade no ámbito laboral dende idades temperás, para incidir en que a elección profesional que as nenas e os nenos realicen no futuro non debe estar limitada polo seu xénero, senón polas súas inquedanzas persoais.

Con esta motivación xorde o obardoiro Empodérate!, destinado a nenas e nenos de 6º de Educación Infantil e 1º e 2º curso de Educación Primaria, onde se dará visibilidade a unha ampla variedade de profesións e traballos, aportando a experiencia persoal de voluntarias e voluntarios que desenvolven a súa actividade laboral en ámbitos fortemente masculinizados ou feminizados, facendo fincapé en que non existen profesións de homes e profesións de mulleres. Este obradoiro, cunha duración de 50 minutos, desenvolveranse durante os meses de abril e maio en todos centros educativos da cidade que o soliciten, a través do enderezo electrónico loop2@lugo.gal [2].

 A segunda acción deste programa e a impresión de 2.000 unidades dun libro protagonizado pola familia dos Bolechas, incidindo na idea de que non existen profesións específicas para mulleres ou para homes. O libro presentarase nun pasarrúas que contará coa presencia dalgúns dos/as protagonistas.

Audio

  • A edil Rosana Rielo sobre o empoderamento a través dos Bolechas | Descargar mp3 [3]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/obradoiros-nos-colexios-e-un-novo-libro-dos-bolechas-para-empoderar-aos-nenos-e-nenas

Ligazóns:
[1] mailto:Edeid@des
[2] mailto:loop2@lugo.gal
[3] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/220319_rielo_empoderate.mp3