Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O XXV Maratón Fotográfico do Campus Terra celebrarase o vindeiro 17 de novembro

O XXV Maratón Fotográfico do Campus Terra celebrarase o vindeiro 17 de novembro

Este ano adicarase un premio a Eduardo Ochoa, coordinador das 25 edicións do maratón

A cita está organizada pola área de Cultura da  USC e o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, e conta coa colaboración da Área de Cultura do Concello

  • Tema
    • Programación cultural,
    • Bibliotecas e arquivos
Mércores, 06 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O XXV Maratón Fotográfico do Campus Terra celebrarase o vindeiro 17 de novembro

A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, estivo presente no día de hoxe na presentación do XXV Maratón Fotográfico do Campus Terra, “unha cita xa obrigada para todas as persoas afeccionadas á fotografía”, segundo indicou Maite Ferreiro.

O XXV Maratón Fotográfico do Campus Terra [1] repartirá premios en metálico para os autores das dúas fotografías que resulten premiadas polo xurado. Entre as novidades, destaca un novo Premio  adicado A Eduardo Ochoa coordinador do Maratón estes 25 anos.

A entrega de premios e inauguración da exposición das 20 millores fotografías será o 9 de decembro ás 20:00 horas na Biblioteca Provincial, mentres que a reunión do xurado será o 18 de novembro ás 13:00 horas na Vicerreitoría.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-xxv-maraton-fotografico-do-campus-terra-celebrarase-o-vindeiro-17-de-novembro

Ligazóns:
[1] http://www.lugocultural.es/news/167/24/Maraton-Fotografico-2018/d,Detalle/