Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O XVI Criterium Ciclista San Froilán congregou na cidade a varios equipos de diferentes comunidades autónomas

O XVI Criterium Ciclista San Froilán congregou na cidade a varios equipos de diferentes comunidades autónomas

Miguel Fernández e Carmen Basadre entregaron os trofeos desta competición, que se celebrou na Avenida de Ramón Ferreiro nun fin de semana repleto de actividades deportivas

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Deportes
Sábado, 01 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O XVI Criterium Ciclista San Froilán congregou na cidade a varios equipos de diferentes comunidades autónomas

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, entregaron este sábado os trofeos do XVI Criterium Ciclista San Froilán, que se celebrou na Avenida de Ramón Ferreiro e contou coa participación de varios equipos de deferentes comunidades autónomas.

Esta cita, que xa está consolidada no calendario deportivo, despide a tempada ciclista de estrada en Galicia. Trátase dun dos clásicos do San Froilán, que se celebrou nun fin de semana repleto de actividades deportivas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-xvi-criterium-ciclista-san-froilan-congregou-na-cidade-varios-equipos-de-diferentes