Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O xurado selecciona os traballos gañadores da XIII Edición do Certame de Narración Curta "Ánxel Fole"

O xurado selecciona os traballos gañadores da XIII Edición do Certame de Narración Curta "Ánxel Fole"

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Xoves, 17 de marzo de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

As obras gañadoras foron “Recandos” de Chelo Suárez e “O pensamento inerte” de Martiño Maseda na categoría de galego e “Ningún ojo humano” de José Manuel Moreno e “La vida rota de Lulú Jiméndez” de Miguel Sánchez Robles en castelán

A XIII edición do Certame de Narración Curta “Ánxel Fole” xa ten gañadores. Hoxe, un xurado, composto polos escritores Isidro López Novo e Xosé Otero Canto e o editor Henrique Alvarellos, decidiron outorgar o primeiro premio do certame en galego á obra “Recandos”, presentada por Chelo Suárez Muíños, de A Coruña. O xurado destacou deste traballo a gran beleza da linguaxe poética así como a fondura nas descricións das lembranzas. O segundo posto nesta categoría foi para a obra “O pensamento inerte” de Martiño Maseda Lozano de Vilalba (Lugo). Neste caso o xurado sinalou unha acertada tensión narrativa e destacou o sentimento como motor da trama.

En castelán, o traballo gañador foi “Ningún ojo humano” de José Manuel Moreno Pérez, de Madrid. Desta obra o xurado valorou o dominio da linguaxe experimental e a gran tensión narrativa, que mantén o clímax da obra; do mesmo xeito, sinalaron unha gran construción da personaxe, que en ocasións se achega ata o esperpento. O segundo posto recaeu na obra “La vida rota de Lulú Jiménez”, de Miguel Sánchez Robles, de Murcia. Deste traballo o xurado destacou a súa riqueza léxica e metafórica así como un acertado retrato da personaxe principal, enmarcada nun contexto de literatura de posguerra.

En total presentáronse 52 obras; 20 en galego e 32 en castelán. O xurado quixo destacar especialmente a gran calidade dos traballos presentados na categoría de galego. En cada unha das categoría, castelán e galego, o primer premio é de 1.000 euros e o segundo de 500 euros.

Certames e Concursos [1] que organiza o Concello de Lugo

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-xurado-selecciona-os-traballos-ganadores-da-xiii-edicion-do-certame-de-narracion-curta-anxel

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es/cs/Satellite?c=Spark_TextGenerico&cid=1227494814020&ecentral=Lugo%2FCentroSeccion%2FLugoTextoGenericoNivel3&idioma=gl&pagename=Lugo%2FSpark_TextGenerico%2FLugoTexto&tipoLetra=Texto1