Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O xurado do 5º Concurso de Tapas de Lugo elixe mañá aos catro finalistas da modalidade creativa

O xurado do 5º Concurso de Tapas de Lugo elixe mañá aos catro finalistas da modalidade creativa

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Martes, 29 de setembro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Mañá, mércores 30 de setembro, reunirase o xurado para elixir aos finalistas da modalidade creativa do 5º Concurso de Tapas organizado polo Concello de Lugo.

Esta selección terá lugar no Gran Hotel de Lugo dende as 11:00 ata as 14:00 horas. O xurado degustará as tapas dos 15 establecementos seleccionados na modalidade creativa. Cada tapa será valorada cunha puntuación de 0 a 7 puntos tendo en conta a presentación, elaboración, sabor e relación calidade-prezo.

Dos 15 establecementos seleccionados o xurado elixirá a catro finalistas que pasarán á final do certame e que terá lugar o vindeiro xoves 2 de outubro.

Os participantes presentarán ante o xurado as súas tapas seguindo o orde alfabético do establecemento.

O xurado estará formado por:

- Francisco Outeiro - Director da Escola de Hostalería San Javier. A Coruña.
- José Francisco Caneda Martínez - Profesor de Cociña do Obradoiro de Emprego de Hostalería do Salnés. Pertence á Mancomunidade de O Salnés. 1ª Escola Taller de Hostalería de España.
- Víctor Teo profesor de cociña do CIFP Compostela. Santiago.
- Constantino Iglesias – Director do Centro de Formación de Hostelería. Ourense.
- Samuel Pérez Pintos - Xefe Departamento de Cociña IES Fraga do Eume.

www.lugo.es/concursotapas [1]


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-xurado-do-5o-concurso-de-tapas-de-lugo-elixe-mana-aos-catro-finalistas-da-modalidade

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es/concursotapas