Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Xurado de Expropiación de Galicia fixa o prezo do antigo cárcere en 2,4 millóns de euros menos do que pedían varios concellos

O Xurado de Expropiación de Galicia fixa o prezo do antigo cárcere en 2,4 millóns de euros menos do que pedían varios concellos

  • Tema
    • Urbanismo
Martes, 26 de outubro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo vén de recibir na mañá de hoxe a notificación do acordo do Xurado de Expropiación de Galicia sobre o xustiprezo fixado no procedemento de expropiación do antigo cárcere do partido xudicial de Lugo. Trátase dun expediente do ano 2008.

A resolución do Xurado, recaída no procedemento de expropiación por taxación conxunta (o mesmo procedemento que se empregou no seu día na expropiación da rúa Armórica) fixa agora o prezo do inmoble en 2.366.689,39.-€, prezo superior ó fixado no seu día polos técnicos do Concello (1.505.614,99.-€), pero claramente inferior ó solicitado por concellos como Corgo, Friol, Guntín ou Outeiro de Rei, que ascendía a 5.801.422,99.- €.

O Concello de Lugo considera favorable para os seus intereses esta resolución dado que o prezo é moi inferior do que reclamaban eses concellos. En todo caso, os servizos técnicos e xurídicos están a estudar a súa fundamentación para tomar unha decisión, dado que a lei permite a interposición de recurso contra este pronunciamento tanto ante o Xurado de Expropiación de Galicia como na vía contencioso administrativa.

Esta resolución do Xurado en nada afecta o calendario fixado para as obras, toda vez que se mantén a disposición do inmoble por parte do Concello de Lugo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-xurado-de-expropiacion-de-galicia-fixa-o-prezo-do-antigo-carcere-en-24-millons-de-euros