Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O xoves, último día para presentarse ao concurso de ferretes do Entroido

O xoves, último día para presentarse ao concurso de ferretes do Entroido

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, que dirixe Concepción Burgo, en colaboración coa asociación Pepe Barreiro, vén de convocar o terceiro premio de ferretes do Entroido 2007, que se celebra con motivo do Enterro da Sardiña, que terá lugar o 21 de febreiro.

O ferrete é unha forma de chamar irónicamente ás coplas que se recitan diante do Concello, ao finalizar o enterro. Van representados en estrofas en verso e o contido das mesmas debe ter unha boa carga crítica, sobre todo municipal, pero sempre dentro do respecto e da elegancia e a corrección.

Por tercer ano consecutivo, estas pequenas coplas satíricas poderán presentarse a concurso en galego e castelán cun estribillo composto por unha estrofa de catro versos heptasílabos e os propios ferretes de entre catro e seis.

Os participantes deberán presentar o seu texto, baixo pseudónimo, antes do 15 de febreiro, nun sobre dirixido á asociación Pepe Barreiro no Servizo de Cultura do Concello de Lugo.

Nesta ocasión, e segundo a tradición, repartiranse un total de 500 euros en premios. Corresponderán 150 ao mellor estribillo, 100 ao primeiro premio en ferretes, 50 ao segundo, 30 ao terceiro e ademais repartiranse 17 de 10 euros cada un.

As bases a convocatoria poden consultarse na portada da páxina web municipal, www.lugo.es [1].


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-xoves-ultimo-dia-para-presentarse-ao-concurso-de-ferretes-do-entroido

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es