Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O xoves ábrese o prazo para o pago voluntario do Imposto de Actividades Económicas

O xoves ábrese o prazo para o pago voluntario do Imposto de Actividades Económicas

  • Tema
    • Economía
Martes, 18 de outubro de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O xoves, día 20 de outubro, comezará o prazo de pago en voluntaria do Imposto de Actividades Económicas que estará aberto ata o día 20 de decembro, segundo informa a Concellería de Economía.

O total de recibos por este concepto é de 21.333 dos que só se poñerán ó cobro 1.487, correspondentes a empresas e profesionais que están suxeitos a tributación. Os restantes 19.846 están exentos de pago. Como é sabido, unicamente están obrigados a pagar o IAE aquelas empresas e profesionais que facturan máis dun millón de euros ó ano. O importe total da recadación prevista polo Concello polo Imposto de Actividades Económicas é de 1.811.289,18 euros.

A cifra total de recibos neste ano é superior á de 2010, que fora de 19.725. Tamén medrou este ano o número de recibos exentos, que pasou de 18.207 a 19.846 e diminuíu en 31 a cifra dos que están suxeitos a tributación, xa que en 2010 foron 1.518 e este ano son 1.487. O importe total dos recibos que se poñen ó cobro descendeu lixeiramente, o ano pasado foi de 1.862.140,10 euros e este ano son 50.850,92 euros menos.

Pagamento de recibos on-line [1]

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-xoves-abrese-o-prazo-para-o-pago-voluntario-do-imposto-de-actividades-economicas

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es/Recibos