Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O XI Criterium Aeronáutico sobrevoará de novo en xullo o ceo de Lugo

O XI Criterium Aeronáutico sobrevoará de novo en xullo o ceo de Lugo

Miguel Fernández participou na presentación deste evento, que terá lugar dende o 22 ao 25 de xullo, e que agardar atraer a 150 aeronaves e 5.000 persoas

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Xoves, 14 de xullo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O XI Criterium Aeronáutico sobrevoará de novo en xullo o ceo de Lugo

O voceiro municipal, Miguel Fernández, asistiu este xoves no Salón de Actos do Pazo de San Marcos á presentación da décimo primeira edición do Criterium Aeronáutico, que terá lugar dende o 22 ao 25 de xullo no Aeródromo de Rozas. Trátase dunha iniciativa organizada polo Real Aeroclub de Lugo, co que colabora o Concello, co obxectivo de achegar o mundo da aviación aos lucenses, permitíndolles participar nas distintas actividades organizadas ao abeiro desta iniciativa, como voos en avión ultralixeiro, acrobático, globos, paracaidismo, aeromodelismo e drons, entre outros. Na presentación tamén estivo presente o Vicepresidente da Deputación, Álvaro Santos, o Presidente do club, Luis Abelleira, o Xefe territorial de deportes, Manuel Otero, e o Alcalde de Castro de Rei, Francisco Javier Balado.

O Criterium Aeronáutico, no que se engloba a XXXIII Volta Aérea a Galicia, é un evento de repercusión internacional, capaz de atraer a 150 aeronaves e 5.000 persoas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-xi-criterium-aeronautico-sobrevoara-de-novo-en-xullo-o-ceo-de-lugo