Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O voceiro municipal chama á implicación activa dos lucenses na campaña do Concello contra as pelexas xuvenís

O voceiro municipal chama á implicación activa dos lucenses na campaña do Concello contra as pelexas xuvenís

Miguel Fernández convidou á toda á veciñanza a facerse unha foto co cartel da campaña Chamar ao 092, o teu mellor golpe!, e subila, co hashtag #NonÁViolencia, ás redes sociais, un dos medios escollidos para difundir esta iniciativa

A entidade local levou esta iniciativa a todos os institutos da cidade así como ás distintas dependencias municipais

  • Tema
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Xuventude
Mércores, 02 de novembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O voceiro municipal chama á implicación activa dos lucenses na campaña do Concello contra as pelexas xuvenís

O voceiro municipal, Miguel Fernández, fixo este luns un chamamento á implicación activa dos lucenses na campaña do Concello contra as pelexas xuvenís, Chamar ao 092, o teu mellor golpe!. Neste senso, convidou á toda á veciñanza a facerse unha foto co cartel e subila ás redes sociais co hashtag #NonÁViolencia, un dos medios escollidos para difundir esta iniciativa. Ademais, o Concello levou aos institutos de Lugo e ás dependencias municipais esta campaña informativa, repartindo folletos e carteis nos que se anima a chamar ao teléfono 092 da Policía Local, de xeito anónimo, para comunicar o coñecemento de que se poidan producir este tipo de feitos e denuncialos ante as forzas de seguridade, de xeito anónimo, co fin de paliar e atallar esta problemática.

A campaña, posta en marcha o venres, busca concienciar aos mozos e mozas contra este tipo de prácticas, ante os últimos feitos acontecidos na cidade, e trata de de darlle a maior difusión posible ao teléfono 092 da Policía Local, como recurso para previr esta práctica.  

O Goberno, sensibilizado e non alleo a estes feitos “desagradables e que preocupan á cidadanía”, ademais de reforzar a vixilancia no casco histórico e na contorna do adarve da Muralla, considera imprescindible un labor de concienciación “no que tanto as familias, centros educativos como as administracións temos responsabilidade”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-voceiro-municipal-chama-implicacion-activa-dos-lucenses-na-campana-do-concello-contra