Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O vindeiro luns sairán publicadas as listas provisionais dos admitidos nas escolas infantís de Serra de Outes e Gregorio Sanz

O vindeiro luns sairán publicadas as listas provisionais dos admitidos nas escolas infantís de Serra de Outes e Gregorio Sanz

Venres, 27 de maio de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Educación, que dirixe a Concelleira en funcións, Dolores Vieiro, informa de que a partir do luns día 30 de maio estarán publicadas as listas provisionais dos admitidos nas escolas infantís de Serra de Outes e Gregorio Sanz.

As listas serán publicadas no taboleiro de edictos do Seminario, en Educación (no Centro Uxío Novoneyra), e nos taboleiros das correspondentes escolas.

Contando 10 días a partir do 30 de maio, sairán as listas definitivas de nenos e nenas admitidos. O listado definitivo de admitidos será publicado na páxina web do Concello de Lugo www.lugo.es [1], onde tamén se comunicará o prazo para formalizar a matricula dos nenos e nenas admitidos nestas dúas escolas infantís.

Pode descargar as solicitudes desde o apartado Tramita na túa casa [2].

Máis información e listas de admitidos, no apartado Escolas Infantís Municipais [3] da Concellería de Educación.

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-vindeiro-luns-sairan-publicadas-listas-provisionais-dos-admitidos-nas-escolas-infantis-de-0

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es
[2] http://www.lugo.es/cs/Satellite?c=Spark_SecNivel2&cid=1211783649422&color=Rojo&ecentral=Lugo%2FCentroSeccion%2FLugoOutrosTramites&idioma=gl&pagename=Lugo%2FPage%2FLugoContenedor&tipoLetra=Texto1
[3] http://www.lugo.es/cs/Satellite?c=Spark_SecNivel4&cid=1210606833817&color=Rojo&ecentral=Lugo%2FCentroSeccion%2FLugoConcelleriaPublicacionDocumentos&idioma=gl&pagename=Lugo%2FPage%2FLugoContenedor&tipoLetra=Texto1