O Videoforum infantil continúa coa proxección de El corral: una fiesta muy bestia
- Tema
- Xuventude
O Centro Social Díaz de Castro acolle mañá luns 11 de agosto a proxección de El corral: una fiesta muy bestia dentro do programa Videoforum infantil organizado pola Concellería de Xuventude que dirixe Carmen Basadre. Con esta actividade, preténdese a participación activa dos rapaces asistentes ao longo de toda a sesión. Por iso deixaráselles que fagan conxeturas, que establezan debates que favorecen ao desenvolvemento do razoamento e, por tanto, da actividade.
Esta película é un conto cómico protagonizado por Otis ,unha vaca que só pensa en divertirse, que disfruta cantando, bailando e facendo trastadas. Pola contra que ao seu pai Ben, o respetado xefe da granxa, e Miles, a vella e sabia mula, a Otis preocúpalle pouco manter en segredo os talentos "humanoides" dos animais. Nembargantes, cando se ve ante unha situación de responsabilidade, a atolada vaca atopa o valor para convertirse nun líder.
Grazas a esta película de animación os rapaces e rapazas poderán traballar os conceptos de liderazgo e de responsabilidade a través dunha ficha didáctica que contemple os aspectos positivos e negativos do filme.
Ademais os asistentes debatirán sobre os "talentos humanoides", do seu significado, e das capacidades das persoas. Saber ver súas capacidades e habilidades e un bo traballo para facer medrar a autoestima de cada un.
Observaranse tamén esas relacións de poder, que están reflexadas na sociedade actual, e realizarase unha valoración da calidade das persoas sobre o estatus no poder que ocupan.
Un debuxo para corear será a recompensa para aqueles rapaces que participen no Videoforum.