Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O verán no Vello Cárcere vai de música

O verán no Vello Cárcere vai de música

O patio central deste centro sociocultural acollerá 4 actuacións, de entrada libre. Sons de música clásica, soul, jazz, swing xitano e funny jazz compoñen esta programación, que arrinca o 26 de xullo

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Música
Mércores, 18 de xullo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O verán no Vello Cárcere vai de música

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, deu a coñecer este mércores o programa de concertos para as cálidas noites de verán no Vello Cárcere. Trátase de 4 actuacións, que se celebrarán no patio central deste centro sociocultural, cuxa entrada é libre, ata completar cabida. Serán todas a partir das 21:00 horas.

O primeiro dos concertos terá lugar o xoves, 26 de xullo, a cargo de Voluta Duet, un dúo de violenchelo e guitarra clásica que ofrecerá un repertorio de bandas sonoras e adaptacións.

A segunda actuación celebrarase o 1 de setembro. Iria Estévez presentará Camiños do fado, xunto a Gonzo Piña á guitarra. Será un espectáculo de fado e cantiga galega. Unha semana máis tarde, o 8 de setembro, será a quenda da coñecida como música negra, unha idea entre o soul e o jazz. Belén Taje poñerá a voz e Maritxinha o baixo eléctrico.

O ciclo pecharao Xavier Mera xunto a David Reguerio o 15 de setembro, que presentarán un repertorio de swing xitano e funny jazz.

Carmen Basadre convidou a toda a cidadanía, luguesa e visitantes, a asistir a esta programación distinta, que impulsa un tipo de música menos comercial nun espazo distinto e acolledor, como é o Vello Cárcere.

Audio

  • Carmen Basadre, sobre os concertos no Vello Cárcere | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-veran-no-vello-carcere-vai-de-musica

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/180718_basadre-concertosvellocarcere.mp3