Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O venres activarase de novo o foto-vermello da Ronda da Muralla, tras o fallo do Contencioso que ratifica a validez do dispositivo

O venres activarase de novo o foto-vermello da Ronda da Muralla, tras o fallo do Contencioso que ratifica a validez do dispositivo

Dictamina que o semáforo non ten que someterse a calibracións, pois regula o paso combinado de vehículos e peóns nunha intersección, polo que é irrelevante a velocidade á que circula o vehículo que o rebasa en fase vermella

  • Tema
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Tráfico
Mércores, 16 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Voceiro do Goberno, Miguel Fernández, informou de que na madrugada do xoves ao venres, ás 00.00 horas, se porá en marcha de novo o foto-vermello instalado nun semáforo da Ronda da Muralla, a raíz dunha setenza do Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Lugo, que desestimou un recurso dun particular contra unha multa, ratificando así a correcta actuación do Concello, tal e como manifestou o edil. O foto-vermello levaba desactivado dende mediados de xaneiro “como medida preventiva”, sinalou Fernández, despois dunha sentenza do Tribunal Supremo sobre un semáforo deste tipo en San Sebastián.

O Contencioso Administrativo resolveu que o dispositivo é legal, e que non ten que pasar calibracións nin controis metrolóxicos, pois limítase a regular o paso combinado de vehículos e peóns nunha intersección e, por elo, resulta irrelevante a velocidade a que circule o vehículo que o rebasa en fase vermella.

Audio

  • Miguel Fernández, sobre a reanudación do foto-vermello da Ronda da Muralla |Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-venres-activarase-de-novo-o-foto-vermello-da-ronda-da-muralla-tras-o-fallo-do-contencioso

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/160316_fernandez-foto-vermello.mp3