Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O venres 30 de maio remata o prazo para inscribirse no curso de adestramento básico de cans na Casa da Xuventude

O venres 30 de maio remata o prazo para inscribirse no curso de adestramento básico de cans na Casa da Xuventude

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Mércores, 28 de maio de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Casa da Xuventude acolle durante o mes de xuño un curso de adestramento básico e socialización canina para todas aquelas persoas que teñen como mascota un can e queren ensinarlle pautas de comportamento.

O prazo para inscribirse remata este venres 30 de maio na Casa da Xuventude e a inscrición é gratuita. O curso será todos os domingos do mes de xuño rematando o día 29 de xuño nos exteriores da Casa da Xuventude en horario de 11.30 a 13.30 e de 17 a 18 horas. Está dirixido para todos os públicos.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-venres-30-de-maio-remata-o-prazo-para-inscribirse-no-curso-de-adestramento-basico-de-cans-na