Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Vello Cárcere organiza campamentos de verán para nenas e nenos de entre 3 e 12 anos

O Vello Cárcere organiza campamentos de verán para nenas e nenos de entre 3 e 12 anos

As actividades organizaranse por quendas semanais, entre o 23 de xuño e o 3 de setembro, en horario de mañá, entre as 10:15 e as 13:45

Maite Ferreiro: "queremos ofertar unha alternativa para a conciliación na que as nenas e nenos realicen actividades de ocio, educativas e lúdicas"

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Promoción turística,
    • Xestión cultural,
    • Centros de ensino,
    • Formación
Venres, 18 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou os campamentos de verán que terán lugar durante o verán no Vello Cárcere. Ferreiro explicou que “con esta nova actividade queremos ofrecer unha nova alternativa para facilitar a conciliación, na que as nenas e nenos poidan realizar actividades de ocio, educativas e lúdicas”.

As actividades organizaranse en quendas semanais, que terán lugar entre o 23 de xuño e o 3 de setembro, con 20 prazas cada semana. O horario de chegada será entre as 10:00 e as 10:15, hora de comezo das actividades, e a recollida, entre as 13:45, hora de remate das actividades e as 14:00.

As familias interesadas poderán solicitar praza en ata tres semanas distintas, pechándose as inscricións de cada semana o venres da semana anterior ás 11 horas. As solicitudes de inscrición deberán solicitarse no Vello Cárcere. 

Audio

  • A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre os campamentos, no Vello Cárcere | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-vello-carcere-organiza-campamentos-de-veran-para-nenas-e-nenos-de-entre-3-e-12-anos

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/210618_maite_ferreiro_campamentos_vello_carcere.mp3