Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Vello Cárcere estrea a exposición Elas, un berro alto e claro contra as violencias machistas

O Vello Cárcere estrea a exposición Elas, un berro alto e claro contra as violencias machistas

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Xoves, 22 de febreiro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Vello Cárcere estrea a exposición Elas, un berro alto e claro contra as violencias machistas

O Vello Cárcere estreou este xoves unha nova exposición, a mostraElas, un berro alto e claro contra as violencias machistas. A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, foi a encargada de inaugurar este traballo de pintura, de Anusca coa organización non gobernamental de cooperación ao desenvolvementoImplicadas polo Desenvolvemento. O fío condutor da mostra son as miradas de distintas mulleres, que contan dende o medo ata o desexo de liberdade e a vida.

O colectivo basea o seu traballo na búsqueda da igualdade de xénero como pilar para o desenvolvemento humano perdurable. A súa misión é a de traballar a prol da erradicación da pobreza e máis en concreto co grupo das mulleres. Este colectivo é precursos na introducción da perspectiva de xénero nos proxectos de cooperación e loita contra a pobreza.

A mostra, que é de acceso gratuíto, poderase visitar todos os días da semana ata o 11 de marzo, en xornada de mañá, de 11:00 a 14:00 horas os luns, e en xornada de tarde, de 17:30 a 20:30 horas os martes, mércores e domingos; de 17:30 a 23:00 horas os xoves e venres, e de 17:30 a 22:30 horas os sábados.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-vello-carcere-estrea-exposicion-elas-un-berro-alto-e-claro-contra-violencias-machistas