Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Vello Cárcere acolleu a presentación d´A Letra das Festas

O Vello Cárcere acolleu a presentación d´A Letra das Festas

Trátase da oitava edición desta actividade de narración literaria

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural
Mércores, 09 de outubro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Vello Cárcere acolleu a presentación d´A Letra das Festas

No sexto día desta edición da gran festa do outono galego, o Servizo de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), celebrou, no Vello Cárcere, a presentación da revista oral A Letra das Festas, que este ano está adicada á memoria das orquestras, ás verbenas e os bises.

O acto, que se desenvolveu baixo o título Popurrí de orquestas, bises e verbenas, foi conducido por Lois Pérez e Antonio Reigosa, e contou con contos e cantos de Luís Cortiñas, Verónica Cambón, Gerardo Iribar e Tino López, xunto coa música a cargo de Tania Pérez.

A Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua apoia á AELG na organización da Letra das Festas, que este ano desenvolveuse baixo o lema “Memorias desde o palco! / Non hai festa sen verbena, / nin verbena sen orquestra / nin orquestra que non presuma de que lle pidan un bis!”

Os concertos de hoxe correron a cargo de The Old Project na praza da Soidade, mentres que Filophóbicas abriron a noite na praza de Santa María, que rematou co concerto de Joan Garriaga I el Mariatxi Galáctic.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-vello-carcere-acolleu-presentacion-da-letra-das-festas