Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Vello Cárcere acollerá unha charla informativa para o control de pragas impartida por Lolo Andrade

O Vello Cárcere acollerá unha charla informativa para o control de pragas impartida por Lolo Andrade

  • Tema
    • Benestar social,
    • Medio rural,
    • Dinamización rural,
    • Medio ambiente
Xoves, 11 de maio de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Vello Cárcere acollerá unha charla informativa para o control de pragas impartida por Lolo Andrade

O Vello Cárcere acollerá unha charla informativa para o control de pragas. A actividade terá lugar este venres 12 de maio a partir das 12 da mañá e estará impartida polo técnico de control de pragas e asesor (ROPO) en manexo integrado de pragas, Lolo Andrade.

A charla versará en torno á velutina, o picudo vermello, e ás pragas de España e Galicia en xeral.  Na mesma falarase de hábitos e características biolóxicas, así como de aspectos prácticos para evitar que proliferen e cheguen a converterse nunha ameaza para a saúde.

Con esta xornada, gratuíta e aberta á cidadanía, organizada por Protección Civil en colaboración co Concello de Lugo, o Executivo de Lara Méndez pretende que os participantes saiban cómo e cando actuar e buscar solucións ante as diferentes manifestacións destas especies.

Na mesma, todos os asistentes recibirán como agasallo unha trampa reutilizable de velutina e líquido atraínte sen insecticida formulado para non atraer ás abellas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-vello-carcere-acollera-unha-charla-informativa-para-o-control-de-pragas-impartida-por-lolo