Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Vello Cárcere acolle unha nova exposición do artista local Xosé López

O Vello Cárcere acolle unha nova exposición do artista local Xosé López

Maite Ferreiro destacou “as capacidades do Vello Cárcere como espazo para que o tecido cultural local mostre a súa obra”

A mostra poderá visitarse na primeira planta ata o 10 de xaneiro de 2022

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Museos e exposicións,
    • Xestión cultural
Mércores, 10 de novembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Vello Cárcere acolle unha nova exposición do artista local Xosé López

A concelleira de Cultura de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua inaugurou onte no Vello Cárcere a nova exposición do artista local Xosé López. Maite Ferreiro destacou a capacidade do Vello Cárcere e do resto de instalacións culturais de Lugo como “espazos para que as persoas que conforman o tecido cultural de Lugo poidan expoñer a súa obra a todas as veciñas e veciños”.

A exposición de Xosé López consta dunha serie de pezas talladas en madeira, cun estilo inconfundible e moi persoal. Destacan as súas figuras humanas, que non amosan o rostro para ceder toda a carga expresiva ás demais partes do corpo.

Pepe López é un artista que realiza toda a súa obra en madeiras autóctonas, tratando a técnica da talla con rigor e demostrando unha man firme e precisa en cada corte de gubia e pulido da lixa. Realiza a súa obra sendo consciente de que a madeira é un ben abundante pero limitado, o que fai destacar as súas pezas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-vello-carcere-acolle-unha-nova-exposicion-do-artista-local-xose-lopez