Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Vello Cárcere acolle unha exposición itinerante de biblias, conmemorando o V centenario da Reforma

O Vello Cárcere acolle unha exposición itinerante de biblias, conmemorando o V centenario da Reforma

Carmen Basadre inaugurou a mostra, que se poderá contemplar ata o vindeiro sábado. Reúne uns 100 tipos de biblias en idiomas orixinais e traduccións antigas

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Museos e exposicións
Martes, 14 de novembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Vello Cárcere acolle unha exposición itinerante de biblias, conmemorando o V centenario da Reforma

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, inaugurou este martes unha exposición itinerante de biblias, conmemorando o V Centenario da Reforma. A exposición, composta por uns 100 tipos de biblias en idiomas orixinais e traduccións antigas, estudos de códigos ou impresións facsímiles, entre outras, pódese contemplar ata o vindeiro sábado, 18 de novembro, no patio central do Vello Cárcere.

No acto de inauguración da mostra, que xa ficou en Marín, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, A Coruña, Ferrol, Santiago e Vigo, tamén estiveron presentes outros membros da Corporación Municipal, así como membros do Consello Evanxélico de Galicia, encargados da organización desta exhibición. A inauguración incluíu unha breve visita guiada a cargo do xornalista e escritor Marcos Gago.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-vello-carcere-acolle-unha-exposicion-itinerante-de-biblias-conmemorando-o-v-centenario-da