Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O V Torneo Arde Lvcvs de Hockey a patíns en liña celébrase esta fin de semana no Pavillón municipal Daniel Cordido Castro

O V Torneo Arde Lvcvs de Hockey a patíns en liña celébrase esta fin de semana no Pavillón municipal Daniel Cordido Castro

  • Tema
    • Deportes
Xoves, 13 de xuño de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, informa da celebración esta fin de semana do V Torneo Arde Lvcvs de Hockey a patíns en liña, que se enmarca na programación deportiva do Arde Lvcvs e no que colaboran o Concello e o Club Patíns Lóstregos Lucus.

No Torneo participarán oito equipos formados por xogadores e xogadoras chegados de distintos puntos de España como Vitoria, Bilbao, Valladolid, Madrid, Barcelona, A Guarda e Vigo. Concretamente, os equipos que participarán no Torneo son o CD Sumendi, HDP Luxor Time, Vrsvs Carinosvum, Alcorcón, Trivnviratus, Iuven Lostregum, Cabvxos e H.L. Lvgo-Lóstregos.

A competición terá lugar o sábado, día 15, e o domingo, día 16, no Pavillón Municipal da Piringalla Daniel Cordido Castro.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-v-torneo-arde-lvcvs-de-hockey-patins-en-lina-celebrase-esta-fin-de-semana-no-pavillon