Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O ‘Urban Tour 2.0’ reunirá a 32 artistas urbanos en setembro en Lugo nunha iniciativa promovida pola concellería de Xuventude

O ‘Urban Tour 2.0’ reunirá a 32 artistas urbanos en setembro en Lugo nunha iniciativa promovida pola concellería de Xuventude

Contará cunha parte práctica consistente nunha batalla de galos o 9 de setembro e unha parte formativa con catro obradoiros, o 10 de setembro de 16:00 a 20:00 horas.

As inscricións para participar abrirán o vindeiro mércores 19 de xullo a través da páxina web https://urbantour.es/ [1] . A actividade será de balde para todos/as os/as asistentes.

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Música,
    • Xestión cultural,
    • Xuventude,
    • Programas xuvenís
Mércores, 12 de xullo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O ‘Urban Tour 2.0’ reunirá a 32 artistas urbanos en setembro en Lugo nunha iniciativa promovida pola concellería de Xuventude

A área de Xuventude organizará en setembro a iniciativa ‘Urban Tour 2.0’, “un encontro xuvenil relacionado coa música urbana e as batallas de galos, no que se visibilizará o esforzo, arte e creatividade que se esconde detrás desta disciplina artística”, explicou o edil Jorge Bustos.

A iniciativa contará con dúas vertentes: unha formativa, a través de 4 obradorios con un mínimo de 10 participantes por grupo, impartidos por profesionais con experiencia acreditada, que se desenvolverá o domingo 10 de setembro de 16:00 a 20:00 horas; e unha parte práctica, que consistirá nunha batalla de galos con 32 participantes, o día previo, sábado 9 de setembro.

Esta parte contará coa participación do artista lucense LE33 como speaker, cun DJ experimentado neste tipo de eventos, un xurado formado por 3 membros e 32 participantes (8 por invitación directa seleccionados polos seus méritos a nivel nacional, 8 seleccionados por votación popular e 16 seleccionados a través dun cásting).

As inscricións para participar abrirán o vindeiro mércores 19 de xullo a través da páxina web https://urbantour.es/ [1]. A actividade será de balde para todos/as os/as asistentes.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-urban-tour-20-reunira-32-artistas-urbanos-en-setembro-en-lugo-nunha-iniciativa-promovida

Ligazóns:
[1] https://urbantour.es/