Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O triatleta Javier Gómez Noya convidado no Día de Ferrol polo Concello

O triatleta Javier Gómez Noya convidado no Día de Ferrol polo Concello

Xoves, 22 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O triatleta de Ferrol Javier Gómez Noya, asistirá mañá convidado polo Concello de Lugo á tradicional recepción da Corporación de Ferrol coincidindo co día que San Froilán dedica a esta localidade.

Gómez Noya foi convidado polo Concello por ser un excelente representante de Ferrol e Lugo no deporte internacional.

Este atleta foi o primeiro español que ganou a Copa do Mundo na súa modalidade. Ten 24 anos e esta temporada é campión de Europa, ganador da BG Copa do Mundo e subcampión do mundo encabezando a clasificación olímpica para os Xogos de Pekín.

Está especializado na natación, deporte no que posúe récords galegos en longas distancias, leva anos dedicándose ó triatlón e participou na primeira selección galega deste deporte, que debutou internacionalmente na Copa de Europa de Estoril en 2006.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-triatleta-javier-gomez-noya-convidado-no-dia-de-ferrol-polo-concello