Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O tránsito de peóns pola Ponte romana quedará cortado a partir do día 26 por mor das obras de rehabilitación desta infraestrura

O tránsito de peóns pola Ponte romana quedará cortado a partir do día 26 por mor das obras de rehabilitación desta infraestrura

  • Tema
    • Infraestruturas
Luns, 24 de decembro de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A partir do mércores, día 26 de decembro, quedará cortado o tránsito de peóns pola Ponte romana, na que se están a levar a cabo as obras de rehabilitación, segundo comunica a Concellería de Insfraestruras e Zona Rural.

Os peóns non poderán transitar pola Ponte romana dende esa data e ata que rematen os traballos de rehabilitación por motivos de seguridade, xa que a desmontaxe das varandas e as beirarrúas metálicas impide garantir que non se produzan situacións de perigo para os peóns durante o tempo no que será necesario o emprego de maquinaria na realización dos traballos de acondicionamento e a instalación do novo pavimento na Ponte.

Mentres as obras de rehabilitación impidan o tránsito de peóns, as persoas que desexen ir a pé dende a Calzada da Ponte ata a Estrada Vella de Santiago ou en sentido inverso deberán empegar como itinerario alternativo a Pasarela que comunica o paseo do Miño con San Lázaro e Fermín Rivera.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-transito-de-peons-pola-ponte-romana-quedara-cortado-partir-do-dia-26-por-mor-das-obras-de